e-Learning

Area de E-learning

A Área de Consultoría en e-Learning de ACIO IT Consulting dispón dun equipo de profesionais con experiencia en formación, tecnoloxía e procesos de implantación de proxectos de capacitación a distancia na modalidade virtual (ou con apoio das tecnoloxías de información e comunicacións), o cal garante a posta en marcha deste tipo de proxectos en todos os seus clientes.

Servizos de E-Learning que ofrecemos:

Deseño instruccional: asesoramos sobre metodoloxías, procesos, estratexias e aplicación dos diferentes métodos que deben ser considerados durante a fase de deseño dun curso o programa en liña.

  • Contidos: desenvolvemos e ofrecemos cursos interactivos con compoñentes multimedia e documentación complementaria (textos, exercicios prácticos, simulacións, etc.) para uns obxetivos concretos de aprendizaxe. Realizamos a transferencia ao formato Web.
  • Entorno de aprendizaxe: ofrecemos un entorno virtual de aprendizaxe co soporte de titorías telemáticas.
  • E-titores/as: contamos con expertos/as en titoría on-line.
  • Servizos globais: inclúen dende o deseño das estratexias E-Learning ata a xestión da plataforma, con servizos e desenvolvemento de contidos á medida, dando soporte técnico e pedagóxico en todo o proceso.

Implantación de Plataformas de Teleformación

O noso ámbito virtual de Ensino e Aprendizaxe utiliza a formación mediante exercicios de simulación, recreando virtualmente ámbitos de traballo reais para maximizar a eficacia. Fai fincapé nas solucións interactivas, perseguindo a formación multi-usuario, o cal permite mellorar as habilidades do persoal en ámbitos de traballo multiusuario ou multi-grupo, achegando ferramentas sinxelas para monitorizar o progreso e avaliar os resultados de cada usuario.

Implantamos solucións adaptadas ás necesidades específicas de cada organización, totalmente personalizables e flexibles aos requirimentos específicos de cada cliente, dunha forma modular e escalable, para adaptar as necesidades formativas aos cambios do entorno, do sector, da estratexia da organización.
Logo AENOR ISO/IEC20000 y Plan Avanza 2 - Ministerio de Industria, Energía y Turismo y FEDER Unión Europea