Administración Electrónica

Implantación de plataformas de E-administración

Froito da experiencia dos seus integrantes, ACIO IT Consulting posúe profundos coñecementos na implantación de sistemas integrais de Administración electrónica. Somos especialistas en:

  • Implantación de solución integrais de e-Administración
  • Proxectos para a optimización e racionalización administrativa
  • Xestión do Cambio na Organización
  • Plan integral para a normalización e implantación de procedementos de administración electrónica dentro da Organización
  • Formación en e-administración

Plataforma

O obxetivo da plataforma de tramitación elexida por ACIO IT Consulting é o facilitar a eficiencia no despregamento da tramitación de procedementos, grazas a integración de compoñentes de administración electrónica e funcionalidades básicas e de valor engadido presentes en la xeneralidade de tramitacións. Estas implantacións implican a parametrización e posta en marcha dos seguientes módulos:

  • Rexistro Telemático
  • Sistemas de Validación de Certificados Dixitais (@firma)
  • Plataforma de Portafirmas electrónico
  • Sede electrónica, baseada no xestor Documental ALFRESCO
  • Plataforma para a presentación telemática de solicitudes
  • Axenda de tramitación para o traballador da administración (Baseada nun motor de tramitación)
  • Plataforma para a Notificación telemática
A plataforma é reutilizable para a tramitación de calquera familia de procedementos, servindo como punto de partida e como software de base para abordar os desenvolvementos verticais e particulares de cada implantación, minimizándose os labores de programación necesarias para implantar unha solución de tramitación electrónica de procedementos administrativos.

A utilización desta plataforma despraza o custo asociado aos labores de desenvolvemento cara a labores de configuración e particularización, cun alto grao de parametrización.

Logo AENOR ISO/IEC20000 y Plan Avanza 2 - Ministerio de Industria, Energía y Turismo y FEDER Unión Europea